Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende publica a oferta de cursos de natación trimestrais

/ O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende publica a oferta de cursos de natación trimestrais

  1. OBXECTO E ALCANCE

Esta normativa describe o procedemento para realizar a inscrición en curso trimestrais de natación organizados polo Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza-Meicende, en adiante CDM.

  1. INSCRIPCION

Todas as inscricións poderanse realizar no Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza-Meicende desde o dia 30 de xaneiro ao 7 de febreiro de Luns a Venres en horario de 9:00h a 13:00h e de 17:00 a 21:00h. Este horario poderá ser modificado por necesidades do CDM.

  1. DATA DE INICIO

Os cursos terán unha duración trimestral con data de inicio o 15 de febreiro e data de finalización o 15 de maio

  1. NORMAS XERAIS
    1. As prazas ofertadas nos diferentes cursos, adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de que non existan prazas libres, procederase a abrir unha lista de agarda.
    2. A inscrición realizarase sempre para un curso ou actividade, datas, días e horario concreto, non podendo cambiarse o alumno de curso ou quenda unha vez rexistrado.
    3. A inscrición dun menor en calquera actividade implica a correspondente autorización paterna, tanto para a realización da mesma, como das medidas que fose necesario adoptar en caso de necesidade.
    4. CDM poderá modificar as datas e horarios previstos, en caso de necesidade para a súa realización.
  1. LISTAS DE AGARDA
    • Cada grupo de actividade terá a súa propia lista de agarda.
    • Só inscribiranse en lista de agarda a aqueles alumnos que non teñan praza na súa propia actividade.
    • Os alumnos/as da lista de agarda serán avisados polo CDM para a súa incorporación. Unha vez avisados deberán confirmar a súa incorporación e efectuar o correspondente abono da actividade no prazo de 24 horas desde o aviso. En caso contrario serán dados de baixa na Lista de Agarda sen máis trámite.
    • Se por algún motivo excepcional non se puidese contactar por parte do CDM con algún usuario da lista de agarda, sería recomendable que todo aquel usuario incluído nestas listas pasarase as nosas oficinas no CDM, para ver en qué situación está con respecto á lista de agarda, xa que se é imposible contactar con el, ou unha vez avisado non confirma a súa inscrición, perderá a súa posición en dita lista.
    • A partir do peche do prazo de inscrición da lista de agarda, quedarán ao dispor daqueles usuarios que non estean inscritos nas listas de agarda.
  1. PAGOS
    • Están obrigadas ao pago do prezo establecido pola ordenanza fiscal número 37, con período de pago trimestral, todas as persoas que se inscriban nos cursos trimestrais de natación organizados polo CDM.
    • Unha vez iniciados os cursos trimestrais non se devolverá o importe abonado, se o alumno participou nalgunha clase da actividade na que se atope rexistrado. A asistencia á actividade un só día supón o pago da mensualidade ao completo por razóns de ocupación de praza.
    • Con carácter excepcional teranse en conta os seguintes supostos:
  2. As actividades de natación para bebés e embarazadas terán períodos de pago mensuais
  1. DESCONTOS

Segundo indica o artigo 24.2 do Regulamento de Instalacións Deportivas e Escolas Municipais do Concello de Arteixo, os usuarios coa modalidade de persoas socias, terán un desconto do 50% respecto a taxa de abonado nas seguintes modalidades:: Cursos de bebés e Cursos nas escolas de natación para o segundo irmán e seguintes.

  1. DOCUMENTACION
  • Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai ou titor.
  • Folla de inscrición do curso debidamente cumprimentada.
  1. OFERTA PRAZAS (DO 15 DE FEBREIRO AO 15 DE MAIO) 

  1. PREZOS

Aplicaranse os prezos públicos correspondentes aos cursos trimestrais de natación, recollidos na ordenanza nº 37 pola prestación de servicios no Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza-Meicende:

  • Adulto/a abonados
    • 1 día á semana: 22.61€
    • 2 días á semana: 45.23€
  • Adulto/a non abonados
    • 1 día á semana: 45.19€
    • 2 días á semana: 90.39€
  • Neno/a abonados
    • 1 día á semana: 19.38€
    • 2 días á semana: 38.77€
  • Neno/a non abonados
    • 1 día á semana: 38.73€
    • 2 días á semana: 77.46€
  • Bebés abonados
    • 1 día á semana: 38.73€
  • Bebés non abonados
    • 1 día á semana: 77.43€
  • Terapéutica abonados
    • 1 día á semana: 12.92€
    • 2 días á semana: 25.85€
  • Terapéutica non abonados
    • 1 día á semana: 25.81€
    • 2 días á semana: 51.62€
  • 3ª Idade abonados
    • 1 día á semana: 12.92€
    • 2 días á semana: 25.85€
  • 3ª Idade non abonados
    • 1 día á semana: 25.81€
    • 2 días á semana: 51.62€
Ir al contenido