Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Complexo Deportivo Municipal Meicende Pastoriza publica o procedemento de inscrición nos cursos trimestrais de natación

/ O Complexo Deportivo Municipal Meicende Pastoriza publica o procedemento de inscrición nos cursos trimestrais de natación

O Complexo Deportivo Municipal Meicende Pastoriza publica o procedemento de inscrición nos cursos trimestrais de natación:

Prazo de renovación: do 16 ao 24 de febreiro.
Exposición de prazas libres: 27 de febreiro.
Prazo de preinscrición de prazas libres: do 27 de febreiro ao 7 de marzo.

– O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza – Meicende ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com. Deberase entregar nas oficinas do CDM Pastoriza – Meicende, en horario de 07:30 a 22:00 h de luns a venres e de 10.00 a 13:30 h. sábados e domingos. Do mesmo xeito poderase enviar á dirección de correo cdmadministracion@axinasd.com.

– No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
• Exposición de persoas preinscritas: 11 de marzo na páxina web municipal e o na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com.
• Prazo subsanación erros: 11 – 12 de marzo. De forma presencial no CDM Pastoriza-Meicende, por telefono ao 981798147 e ao correo cdmadministracion@axinasd.com.
• Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 13 de marzo na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com
• Sorteo público: 14 de marzo ás 11:00 h no CDM Pastoriza-Meicende.
• Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 15 de marzo na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com. E taboleiro de anuncios do CDM de Pastoriza – Meicende.
• Prazo de inscrición: As persoas admitidas terán de prazo desde o 16 ao 24 de marzo para o pagamento e formalizar a inscrición do curso no CDM de Pastoriza – Meicende.
• Exposición da lisxtaxe de prazas libres: 25 de marzo na páxina web do CDM www.cdmpastorizameicende.com. E taboleiro de anuncios do CDM de Pastoriza – Meicende.
• De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 25 de marzo.

Ir al contenido