Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Educación oferta cerca de 1500 prazas en actividades extraescolares ao comezo do curso

/ Educación oferta cerca de 1500 prazas en actividades extraescolares ao comezo do curso

A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación oferta, coincidindo co comezo do curso escolar, 1492 prazas para actividades extraescolares en todos os centros educativos de Educación Infantil e Primaria e nas escolas de Educación Infantil.

O obxectivo deste programa, que se desenvolve baixo o nome xenérico de Arteixo Concilia, é facer efectiva a apertura de centros escolares fóra da xornada lectiva, entre as 16 e as 18h,  para dar alternativas para a conciliación da vida familiar e laboral con ofertas de aprendizaxe xenérica e lúdica na que se desenvolven, entre outos, a adquisición de conceptos e habilidades básicas mediante actividades de extensión educativa.

Inés Ramos, concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación explica que as actividades pretenden exercitar as capacidades básicas e as capacidades coordinativas do alumnado así como axudar na adquisición de técnicas inicias de cada unha das actividades propostas; educación psicomotriz; participación en actividades lúdicas; desenvolvemento autónomo; desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos participantes; desenvolvemento de habilidades sociais; así como aceptación das normas, consecución de obxectivos, respecto aos compañeiros e compañeiras, aceptación dos diferentes niveis de habilidade

Entre outras, a rapazada pode participar, neste curso, en actividades como artesanía-Manualidades, Robótica, Taller de Arte, Oratoria e liderazgo, Pandeireta, Idioma estranxeiro, Baile galego, Baile moderno, Taller de Ciencia-Investigamos, Baile Moderno, Taller de emprendemento, Música, Mecanografía, Teatro, Novas tecnoloxías-Informática, Técnicas de Estudo, Xogando e Guitarra.

Ir al contenido