Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O circuíto da Carreira Popular de Arteixo, un clásico para medirse ano tras ano

/ O circuíto da Carreira Popular de Arteixo, un clásico para medirse ano tras ano

Un ano máis, a Carreira Popular do Concello de Arteixo manterá o seu circuíto tradicional de 11,7 km para a proba absoluta, un trazado que, edición tras edición, se converteu nun auténtico termómetro para corredores e corredoras que buscan medir o seu rendemento nun escenario xa emblemático
do atletismo popular galego.

A cita será, como sempre, o 1 de maio, cunha saída marcada ás 11:45 h dende a contorna do Pazo dos Deportes de Arteixo.

O percorrido combina zonas rápidas con tramos esixentes, ideal tanto para os que se inician nas carreiras de fondo como para aqueles que buscan mellorar marcas e testar o seu estado de forma. Manter este mesmo circuíto ao longo dos anos reforza o carácter único da proba, permitindo que moitos corredores se comparen a si mesmos edición tras edición.

Desde que se comezou a utilizar cronometraxe electrónica no ano 2010, os mellores tempos históricos foron asinados por atletas de gran nivel:
· �� Santiago López, cun tempo de 37:43, ostenta o récord masculino da proba.
· �� Barca Toba, cun rexistro de 45:15, mantén o mellor tempo feminino ata a data.

Estes rexistros son xa parte da historia da carreira e representan un estímulo constante para os participantes que, cada ano, se poñen na liña de saída coa ambición de superar as súas propias marcas ou, por que non, achegarse a estes tempos de referencia.

Así, o circuíto da Carreira Popular de Arteixo consolídase como un clásico no calendario galego, tanto pola súa esixencia deportiva como polo seu valor simbólico, nun evento que celebra este 2025 o seu 25 aniversario coa mesma paixón de sempre.

Ir al contenido