O Concello de Arteixo publica hoxe no BOP o inicio dos trámites para completar o desenvolvemento urbanístico do entorno de Candame. Trátase da Unidade de Actuación número 3 na que o concello creará unha nova zona verde de 3.600 m2 e permitirá urbanizar as rúas Manuel Murguía, Rogelio Aguirre e Rosalía de Castro.
Este esarrollo urbanístico permite lograr os terreos necesarios para este proxecto sen necesidade de recurrir á expropiación. O obxectivo é mellorar as infraestructuras da zona.
O informe técnico municipal detalla sobre esta unidade que “na parte da normativa na que se regula o “suelo urbano” detállanse ps obxectivos da delimitación das distintas unidades de execución integral. Respecto á UA-3 indícanse os de potenciación da rúa Manuel Murguía como canalizador do tráfico local recollendo toda-las rúas que a ela conflúen, reordenando o enclave estratéxico formado polo cruce de dúas rúas (radial e transversal) formando unha glorieta, axustando desniveis, con recuperación do sistema local de zona verde no núcleo central da U.A. delimitada”.