Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O alcalde e a secretaria de Estado de transportes abordan o futuro das infraestruturas do concello

PUBLICACIÓN

O alcalde e a secretaria de Estado de transportes abordan o futuro das infraestruturas do concello

14 Nov, 2022 | NOTICIAS

O alcalde de Arteixo Carlos Calvelo e Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana mantiveron unha reunión para tratar o futuro das infraestruturas viarias que alberga o concello de Arteixo e as súas posibles melloras no futuro.

O tema central das charlas consistiu na futura construción dun enlace coa autovía do Porto Exterior á altura de Meicende, que posibilite que o intenso tráfico de mercadorías perigosas deixe de transitar polo núcleo urbano debido ao perigo que isto supón para a poboación.

A idea central dos estudos técnicos xa realizados no enlace de Meicende é desviar todo o tráfico pesado procedente de industrias como a refinería da AC-415, que atravesa o núcleo urbano de Meicende. Todo este tráfico tería así un enlace directo coa estrada do Porto Exterior.

O enlace tamén suporía a construción dunha estrada entre a zona da avenida Butano en Meicende e o punto de intersección da nova autovía coa estrada AC-415. Neste último punto colocaranse dous accesos á autovía, un de entrada e outro de saída. O novo enlace tamén mellorará as comunicacións na zona ao contar cunha vía de acceso a unha nova infraestrutura que ademais de dar servizo ao Porto Exterior, mellorará as comunicacións para os veciños de Arteixo. A idea xeral plantexada no seu día polo concello de Arteixo á Consellería de Transportes é que todas as infraestruturas que se constrúen en Arteixo para obras como o Porto Exterior redunden en certa medida no benestar da cidadanía. Neste sentido, os dous responsables políticos analizaron novas posibilidades de aproveitamento doutras infraestruturas viarias do municipio de Arteixo, e a necesidade de buscar vías para que estas infraestruturas redunden en beneficio dos veciños da zona.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido