Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O 1 de marzo abre o prazo de admisión nos centros escolares para o próximo curso

/ O 1 de marzo abre o prazo de admisión nos centros escolares para o próximo curso

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así coma o alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexe cambiar de centro escolar.

CALENDARIO

Do 1 ao 21 de marzo: Presentación das solicitudes de admisión

Antes do 25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido

Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

Do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula  no centro en Educación Infantil e Primaria

INSTRUCCIÓNS

A solicitude de admisión de alumnado tramitase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado). Os formularios poden cumprimentarse na aplicación ou ser descargados e cumprimentados de forma manual. Tamén se poden descargar na da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal).

A solicitude será única e pódese presentar de forma presencial no centro educativo, que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior

Cada solicitude pode conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.

 DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude que pode recollerse no propio centro educativo ou acceder a el desde a aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e cubrilo telematicamente, imprimir e presentar no propio centro educativo ou ben cubrilo telematicamente e asinalo na Sede Electrónica
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a (libro de familia ou DNI)
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso
  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición

 

CENTROS ESCOLARES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO TERMO MUNICIPAL DE ARTEIXO

Escolas de Educación Infantil

  • EEI Barrionovo. Praza da escola, 1. 15140. Pastoriza. Tlf 696846412
  • EEI Vilarrodís. Rúa Carlos Maside, 16. 15141. Vilarrodís.Tlf 616466312
  • EEI Larín. Lg Casanova, 3. 15144. Larín. Tlf 981606212
  • EEI Lagoa. Lg da Lagoa, 16. 15144. Sorrizo. Tlf 981646930
  • EEI Rorís. Lg Rorís, 12. 15144. Armentón. Tlf 981640238

Centros de Educación Infantil e Primaria

  • CEIP Arteixo. Avda. Arsenio Iglesias, 33 B. 15142. Arteixo. Tlf 981641284
  • CEIP Ponte dos Brozos. Avda. Arsenio Iglesias, parcela 34. 15142. Arteixo. Tlf 881960506
  • CEIP Galán. Rúa Miguel de Cervantes, 21. 15141. Oseiro. Tlf 881880903
  • CEIP San Xosé Obreiro. Travesía de Meirás, s/n. 15008. Meicende. Tlf 881880214

 Normativa aplicable:

  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013) Corrección de erros (DOG 24/04/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)
  • Orde de 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 22/12/2020)
  • Decreto 13/2022, de 3 de febreiro (DOG 11/02/2022)
Ir al contenido