Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Novo contrato de enerxía eléctrica que unifica todos os consumos do concello e a empresa pública SUMARTE

PUBLICACIÓN

Novo contrato de enerxía eléctrica que unifica todos os consumos do concello e a empresa pública SUMARTE

31 Ene, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo realiza os trámites finais para a adxudicación dun novo contrato eléctrico que unificará os consumos eléctricos do concello e a empresa pública SUMARTE.
Más de cincuenta edificios públicos, preto de 15.000 puntos de luz públicos e outras instalacións como bombeos estarán amparadas por un contrato cuxo prezo base de licitación achégase aos dous millóns de euros anuais (1,99 millóns de euros máis concretamente).
A adxudicación producirase dentro dun mes. O obxecto do contrato é regular e definir o alcance e condicións da subministración de enerxía eléctrica, aos puntos de consumo do concello de Arteixo e da Sociedade “Servizos Urbanos Municipais de Arteixo (SUMARTE)”, así como dos novos puntos de subministración que resulten durante a vixencia do contrato ao amparo da lexislación do sector eléctrico e demais normativa de desenvolvemento.
A duración do contrato será dun ano con opción de prorrogalo un ano máis.
O prezo da oferta comprenderá detallado o Termo de Enerxía e o Termo de Potencia por cada período tarifario, e incluirá, outros conceptos complementarios como son os excesos de potencia e reactiva, o bono social, o alugueiro do equipo de medida que se aplicasen co valor asignado.
O comercializador que resulte como adxudicatario facturará mensualmente por cada punto de subministración ao concello todos os servizos incluídos no contrato. A factura mensual comprenderá o total da enerxía rexistrada polos contadores. O concello resérvase o dereito de devolver a factura cando esta non inclúa os parámetros indicados no modelo ou cando a mesma non resulte conforme para o concello, nese caso procederá a reclamar a devandita factura de forma debidamente razoada, todo iso coa implicación que supón respecto a os prazos de pago e intereses de demora.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido