UNIÓN EUROPEA

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha Maneira de facer Europa

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha Maneira de facer Europa

UNIÓN EUROPEA

Filtro xeral
Inicio > O Concello comezará en 2023 a instalación de novas marquesinas e postes intelixentes nas paradas dos autobuses

/ O Concello comezará en 2023 a instalación de novas marquesinas e postes intelixentes nas paradas dos autobuses

O Concello iniciará en 2023 a instalación de 38 postes e 14 marquesinas intelixentes para o transporte municipal.

O proxecto ten un coste de 344.000€ e está financiado ao 80% por fondos FEDER e enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) Novarteixo2020 que ten como obxectivo transformar o territorio municipal e ofrecer maior calidade urbana, equilibrada económica e socialmente.

Os postes e marquesinas, con información municipal e puntual para os usuarios, chegarán aos nodos de maior fluxo de personas usuarias e estarán dotadas de sistemas que proporcionan tamén maior comodidade á espera que os converten en lugares expandidos para a información e a comunicación.

Os obxectivos do contrato son facer máis cómoda a espera nas zonas de parada; facilitar información sobre os servizos de transporte; transmitir unha imaxe moderna e actualizada do sistema de transporte; promocionar o uso do transporte colectivo e incrementar a súa calidade.

O mobiliario urbano instalarase ben nas paradas dos núcleos urbanos, dentro das poblacións; ou próximo a elas en ubicacións rurais. Será exposto a situación meteorolóxicas variables e posibles actos vandálicos polo que o seu deseño teñen en conta todas estas circunstancias.

Será un contrato «chave en man» que asegure a realización da entrega totalmente equipada e en perfecto estado de funcionamento polo que a empresa adxudicataria deberá de realizar todas as tarefas necesarias para o correcto funcionamento das mesmas.

Entre outras, o contrato esixe o replanteo dos espazos onde se ubicarán postes e marquesinas; instalación, configuración e probas da posta en marcha do equipamento tecnolóxico;, sumisitro de software e licenzas; ou o sistema de xestión centralizado que garanta o funcionamento do sistema de información.

Ir al contenido