Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias e ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores
do Concello durante as vacacións escolares de Semana Santa. É o obxectivo xenérico dos campamentos que para este período ofrece, un ano máis, a Concellería de igualdade, servizos sociais, sanidade e Educación.
A oferta é de tres campamentos con actividades diferentes. Trátase do campamento «concilia»; o «laboratorio musical» e unha terceira opción adicada especialmente á rapazada, a partir de doce anos, con diversidade funcional.
O prazo de formalización de matrícula, en todos os casos, será do 4 ao 6 de abril.
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico a educacion@arteixo.org do 28 de marzo ao 1 de abril.
Deberán poñer no asunto campamento SEMANA SANTA 2022 e adxuntar o impreso de solicitude e o impreso de declaración complementaria.