Nace o «Cadeno do Mar de Sorrizo», unha nova ferramenta creativa e participativa. Trátse dunha libreta que recolle, mediante ilustracións e textos, a riqueza do litoral da vila, a súa biodiversidade mariña, o patrimonio material e inmaterial, curiosidades locais e propostas de actividades para promover o coidado do entorno.
O caderno está deseñado para ser interactivo, con espazo para notas, reflexións e xogos, e adaptado para todos os públicos, cunha tipografía clara e contidos organizados con coidado.
Os exemplares repartiránse entre os participantes nas actividades do proxecto “Mar de Sorrizo”. O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a seguir a programación para poder conseguir un exemplar e participar activamente na iniciativa.