Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Música e "tribus de Nadal" completan a oferta de campamentos de conciliación nas próximas datas festivas

/ Música e «tribus de Nadal» completan a oferta de campamentos de conciliación nas próximas datas festivas

A Concellaría de igualdade, sanidade, educación e servizos sociais pon en marcha a súa oferta de campamentos de Nadal para este 2023.

A oferta, para a rapazada de 3 a 12 anos, consta dun campamento urbano adicado ás «tribus do nadal»  e que se desenvolverá no Centro Interxeneracional do Balneario; e unha nova edición do Laboratorio Musical que terá lugar no Centro Cívico e Cultural. 

O campamento de tribus será os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro 2023 – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro 2024 de 10 a 14h con servizo de madrugadores, xantar e ludoteca. Dispón de 30 prazas.

O Laboratorio Musical, nas mesmas datas, é para a rapazada de 4 a 12 anos e desenvolverase no centro cívico de Arteixo nas mesmas datas e de 10 a 14h.

En ambos casos o prezo é de 36€.

Toda a información e prezos pódese consultar neste enlace . Os interesados deben cubrir este impreso de inscrición e enviala ao correo electrónico educacion@arteixo.org entre o 27 de novembro e o 11 de decembro. Deberán poñer no asunto campamento Nadal 2023. A formalización da matrícula será do 13 ao 18 de decembro.

Ir al contenido