A Concellaría de igualdade, sanidade, educación e servizos sociais pon en marcha a súa oferta de campamentos de Semana Santa 2025.
A oferta, para a rapazada do segundo ciclo de Infantil e Primaria empadroada no concello, consta dun campamento adicado ás Tecnoloxías da Comunicación e o medio ambiente; e unha nova edición do Laboratorio Musical centrado, nesta ocasión, na «música e a primavera». Neste enlace está a información que precisas
O prazo de preinscrición e do 20 ao 28 de marzo. Os interesados deben cubrir esta folla de inscrición e enviala ao correo electrónico educacion@arteixo.org indicando no asunto «campamento SEMANA SANTA 2025»