A Concellaría de igualdade, sanidade, educación e servizos sociais pon en marcha a súa oferta de campamentos de Nadal para este 2024.
A oferta, para a rapazada do segundo ciclo de Infantil e Primaria empadroada no concello, consta dun campamento adicado ás artes escénicas; e unha nova edición do Laboratorio Musical centrado, nesta ocasión, na «música e as catro estacións». Neste cartaz está a información que precisas
O prazo de preinscrición e do 25 de novembro ao 10 de decembro na Concellaría, Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Avenida. dos Bosques, no 16 – Baixo
Toda a información e prezos pódese consultar neste enlace. Os interesados deben cubrir esta solicitude de inscrición e enviala ao correo electrónico educacion@arteixo.org