O Concello reúne aos axentes con implicación directa no turismo de a Arteixo na primeira mesa sectoral do turismo. Trátase, con este encontro , de definir a estratexia turística do municipio para os próximos anos.
A inicitiva forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino que elabora o concello e que ten entre as súas prioridades contar coa participación de todos as entidades con incidencia no turismo municipal, para axudar a definir a folla de ruta que marcará o devir do turismo arteixán nos vindeiros anos.
Na mesa sectorial participaron un total de 27 axentes locais chegados desde o sector privado, representantes da hostaleiría e hoteis; empresas deportivas, comercio, polígono industrial; e do sector público coa asistencia de técnicos municipais de diferentes áreas con implicación en turismo como medio ambiente, urbanismo, arqueoloxía, e as propias técnicas de turismo.
O estado actual do turismo en Arteixo así como marcar as liñas de acción polas que debe aportar o municipio para converterse nun destino turístico de referencia foron os eixes sobre os que xirou o encontro que estivo liderado pola Concelleira de Turismo, Patricia Amado, que debateu cos representantes do ecosistema turístico arteixán como un axente máis, acollendo as súas propostas e inquedanzas, para poder incorporalas á planificación turística do municipio.
A mesa, celebrada no Centro Tecnolóxico de Arteixo, terán continuidade en futuras datas, unha vez se vaia definindo o plan de sustentabilidade turística de Arteixo con horizonte temporal en 2026.