Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Medio Ambiente comeza o desbroce de 350 km de camiños de competencia municipal

PUBLICACIÓN

Medio Ambiente comeza o desbroce de 350 km de camiños de competencia municipal

7 May, 2021 | NOTICIAS

O Concello desbroza anualmente 750 kilómetros de camiños públicos

O Departamento de Medio Ambiente comezou xa o primeiro período de desbroces que acomete cada ano e que finalizará en xuño e afectará a preto de 350 km de camiños públicos de competencia municipal.

Catro tractores participan nestas tarefas que se realizan dúas veces cada ano e que tamén levan a cabo accións puntuais unha terceira vez dependendo do uso e perigosidade da maleza en caso de incendio ou as dificultades que entrañe para peóns e vehículos.

Os operarios limpan entre 1 e 2 kilómetros lineais diarios.

O Departamento de Medio Ambiente aumentou a frecuencia destas tarefas nos últimos ano ata alcanzar unha media de 750 km anuais , sobre todo entre maio e setembro.

O Concelleiro Víctor Merelas explica que “a actuación ten unha doble vertiente, posto que ademáis de establecer medidas preventivas contra o lume, tamén serve para mellorar o tránsito nas vías”.

Ademáis de mellorar o tránsito peatonal e de vehículos, a limpeza das vías públicas, rurais e urbanas, tamén serve para reforzar a prevención contra os incendios forestais.

Arteixo colabora con outras administracións no labor de vixiancia, prevención e defensa contra os incendos así como a realización de «tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal”.

Este compromiso obriga ao concello a xestionar a biomasa vexetal nas vías municipais realizando traballos preventivos nos “estratos arbóreos, arbustivo y subarbustivo”, incluso impedindo que as pólas das árbores superen o límite que marcan os camiños para evitar o efecto túnel, o que permite o paso do lume dun lado a outro do camiño. A distancia mínima entre copas será de sete metros.

As especies que se poden eliminar dos camiños son “toxo, silva, fento, xesta, uz, carqueixa e queiruga”, mentres que o estrato herbáceo debe ser menor de 20 cm de altura para que cumpla as recomendacións autonómicas.

 

Ir al contenido