O Servizo Municipal de Deportes comunica que, unha vez finalizado o prazo de preinscrición no Programa Municipal de Sendeirismo 2022, todas as persoas solicitantes están admitidas no programa.
Os admitidos dispoñen de prazo para a formalizar a matrícula desde esta publicación ata unha antes de cada etapa. Poden facelo a través do pago do prezo público, e deben entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes
O Servizo de Deportes indica que aínda quedan prazas dispoñibles en todas as etapas. Os interesados poderán realizar inscricións libres ata o mércores anterior á etapa correspondente
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal.
Prezo Público:
- Maiores de idade: 15 € por etapa
- Menores de idade: 10 € por etapa
- O prezo inclúe transporte, picnic e seguros