Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Máis de mil de persoas participarán na XXIII Edición da carreira popular de Arteixo

/ Máis de mil de persoas participarán na XXIII Edición da carreira popular de Arteixo

Máis de 1000 personas completaron a súa inscrición na XXIII Edición da carreira popular do concello de Arteixo que pechou o prazo o pasado 24 de abril.

Será o luns 1 de maio.

Na proba de categoría senior hay 618 inscritos, e xunto co resto das categorías supérase o milleiro de corredores.

Estes son os horarios das diferentes probas, que se celebrarán ao longo da mañá no entorno da Avda Arsenio Iglesias:

10.00 h Pre-benxamín 200 metros aprox.

10.30 h Benxamíns e Alevíns 960 metros aprox.

10.45 h Infantil-Cadete-Xuvenil 2.800 metros aprox.

11.30 h Categoría Especial (persoas con diversidade funcional) 100 metros aprox.

11.45 h Sénior en diante 11.700 metros aprox.

Lembrar tanto a participantes como público en xeral, que nesta edición o Banco de Alimentos «Rías Altas» estará presente durante toda a xornada, para que toda aquela persoa que o desexe, poda colaborar con eles coa aportación de alimentos non perecedeiros. Ademais do Banco de Alimentos tamén estará presente a entidade Stop Leucemia, coa Fundación contra o Cancro Hematolóxico cunha carpa onde se poderá colaborar coa mesma.

Ir al contenido