Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Máis de medio milleiro de alumnos participan nas actividades extraescolares ofertadas pola concellería de Educación

Inicio > Máis de medio milleiro de alumnos participan nas actividades extraescolares ofertadas pola concellería de Educación

Un total de 535 alumnos participan este curso no programa anual de actividades extraescolares nos centros educativos de Educación Infantil e Primaria e nas escolas de Educación Infantil do Concello de Arteixo

Os obxetivos que se perseguen son

  • Exercitación das capacidades básicas
  • Exercitación de capacidades coordinativas
  • Adquisición de técnicas inicias de cada unha das actividades propostas
  • Educación psicomotriz
  • Participación en actividades lúdicas
  • Desenvolvemento autónomo
  • Desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos participantes.
  • Desenvolvemento de habilidades sociais
  • Aceptación das normas, consecución de obxectivos, respecto aos compañeiros e compañeiras, aceptación dos diferentes niveis de habilidade

Nos CEIPs o alumnado pode asistir ás seguintes actividades:

Artesanía-Manualidades, Robótica, Taller de Arte, Oratoria e liderazgo, Pandeireta, Idioma estranxeiro, Baile galego, Baile moderno, Taller de Ciencia-Investigamos, Baile Moderno, Taller de emprendemento, Música, Mecanografía, Teatro, Novas tecnoloxías-Informática, Técnicas de Estudo, Xogando e Guitarra.

O alumnado das escolas de Educación Infantil pode asistir á actividade “Concilia Pequechos” e a calquera actividade correspondente ao seu nivel educativo no centro de referencia.

A través deste programna desenvólvense conceptos básicos agrupados nunha proposta que se executará ao longo do curso cunha distribución trimestral, levándose a cabo actividades específicas cos seguintes contidos:

  1. Primeiro trimestre: Xogamos-Técnicas de psicomotricidade a través de xogos
  2. Segundo trimestre: Cantamos – Técnicas básicas de educación musical, familiarización con instrumentos musicais e cantigas infantís
  3. Terceiro trimestre: Falamos – Conceptos de idioma estranxeiros (inglés) para a adquisición de vocablos adaptados ao nivel dos participantes

 

 

Ir al contenido