UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Unha Maneira de facer Europa

UNIÓN EUROPEA

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha Maneira de facer Europa

Inicio > Máis de dous millóns de euros para a mellora dos ríos Bolaños e Bidueira

O Concello presenta dous proxectos para a mellora dos cauces fluviais dos ríos Bolaños e Bidueira cos que pretende optar a unha axuda de 2’2 millóns de euros en axidas do ministerio de Transición Ecolóxica e que pretende aumentar a biodiversidade dos entornos urbanos e a resiliencia ante o cambio climático fomentando actuacións dirixidas á restauración dos ecosistemas fluviais.

O proxecto Londra Arteixo, así bautizouse, ten como obxectivo abordar a implementación de medidas de restauración de ecosistemas fluviais mediante a recuperación da morfoloxía e dinámica natural dos cauces e o fomento de solucións basadas na natureza no contorno dos ríos Bolaños e Bidueiro.

O proxecto, que restaurará catro kilómetros lineais de río,  ten un presuposto de 2.233.000 euros para o que solicita unha axuda de 2.121.350 euros, en ambos casos se IVE. A iniciativa plantexa en primeiro lugar a retirada de elementos duros dos cauces e das escolleras de protección e a mellora do perfil dos cauces para a recuperación das marxes, para posteriormente comezar coa rexeneración de tramos dos leitos en ambos cauces e a plantación de árbores autóctonas e solta de alevíns de troita.

O concello plantexa catro obxectivos específicos dentro deste proxecto Londra: mellorar a continuidade e incremento do espazo fluvial dos ríos Bolaños e Bidueiro; desenvolvemento dun sistema de drenaxe urbano sostible enfocado a impedir o arrastre de contaminantes e reducir os costes económicos derivados da súa xestión; ampliación das obras de drenaxe transversal existente; e garantir a correcta execución do proxecto e a participación da cidadanía ao longo do seu desarrollo.

O proxecto tamén desarrolla a implantación de novos sistemas de drenaxe urbanos sostible coa fin de captar e xestionar auga de chuvia de forma máis respetuosa co ciclo natural e eviar a súa contaminación permitindo a súa valorización ou devolución ao medio natural.

 

Ir al contenido