Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Máis de catro millóns da venda dunha parcela en construír novas instalacións para os departamentos de Obras, Limpeza, Residuos, Protección Civil e Bombeiros

PUBLICACIÓN

Máis de catro millóns da venda dunha parcela en construír novas instalacións para os departamentos de Obras, Limpeza, Residuos, Protección Civil e Bombeiros

3 Mar, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo fixo efectiva a venda dunha parcela de propiedade municipal tras unha poxa pública na que o mellor ofertante foi a empresa Inditex. Ingresou así 4,2 millóns de euros máis o IVE, que suman un total de 5.082.000 euros.
O concello de Arteixo utilizará os 4,2 millóns de euros en construír novas instalacións para varios departamentos municipais cuxas instalacións actuais quedaran obsoletas ou moi reducidas para o volume de vehículos e material que manexa actualmente o concello. Así se construirá noutra parcela municipal do polígono de Sabón unha nova nave de servizos que agrupará os departamentos de Obras, Limpeza Viaria e Recollida de Residuos, nesa mesma parcela instalarase tamén un novo Punto Limpo que disporá dun espazo didáctico que sirva para concienciar sobre a importancia da reciclaxe.
Desta forma, os camións e outro tipo de vehículos de recollida de residuos, de obras e limpeza viaria terán un espazo adecuado ás súas necesidades técnicas.
Para facilitar a construción das novas instalacións e o traslado, a ocupación efectiva da parcela pola empresa compradora se harñá efectiva no ano 2025.
Por outra banda o departamento municipal de Protección Civil e o parque comarcal de bombeiros estrearán novas instalacións noutra oarcela municipal situada no polígono de Morás. Verán asi melloradas unhas instalacións necesitadas dunha renovación e tamén mellorará o tempo de resposta ante situacións de emerxencia, xa que a saída desde o polígono de Morás á autovía ou a autopìsta realízase de maneira máis rápida desde Morás. A venda da parcela tamén propiciará a creación de novos postos de traballo, debido a que poderá ser utilizada para novas iniciativas empresariais.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido