Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Máis de 50 edificios benefícianse das subvencións do concello para a instalación de ascensores

PUBLICACIÓN

Máis de 50 edificios benefícianse das subvencións do concello para a instalación de ascensores

1 Dic, 2022 | NOTICIAS

O concello de Arteixo pagará este mes a nova quenda de subvencións destinada a que os edificios que carezan deles poidan instalalos.
Serán sete edificios os beneficiados e os que presentaron a documentación necesaria para facer a obra.
Nos cinco últimos anos foron 53 os edificios beneficiados por esta liña de subvencións. A liña inclúe subvencións para a instalación de ascensores, salvaescaleras, ramplas e outros dispositivos de accesibilidade.
As axudas para a instalación de ascensores serán de 20.000 euros por comunidade de veciños; e a liña de subvencións para salvaescaleras e ramplas de 6.000 euros.
Os edificios que poderán optar a esta liña de subvencións terán que ter como mínimo baixo e dúas alturas. As subvencións daranse a todas as comunidades de propietarios de Arteixo que as soliciten e presenten a documentación requirida.
O alcalde Carlos Calvelo sinala que estas axudas cumpren dous obxectivos: “renovar o parque de vivendas de Arteixo máis antigos, co consecuente beneficio dos veciños, e dinamizar a economía do concello”. As novas subvencións municipais serán acumulables coas subvencións doutras administracións como pode ser a Xunta ou o Estado. O concello de Arteixo comprobará a correcta aplicación das contías outorgadas a través dos servizos técnicos competentes e as subvencións abonaranse á finalización da obra.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido