Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Máis de 350 persoas preinscríbense nos cursos municipais de surf

/ Máis de 350 persoas preinscríbense nos cursos municipais de surf

O Servizo Municipal de Deportes publica a listaxe provisional de persoas solicitantes dos Cursos Municipais de Verán de Surf.

Ábrese un prazo de subsanación de erros que remata o 20 de maio. O día 21 de maio publicarase a listaxe definitiva de solicitantes. O xoves 22 de maio celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para os cursos de verán de surf. No caso dos grupos onde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

En total recibíronse 370 solicitudes para as 360 prazas ofertadas

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 23 de maio na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 26 ao 30 de maio, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa,  ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 2 de xuño.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal

Ver listaxe

Ir al contenido