O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Deportivo de Verán 2023. Máis de 3.000 prazas de diferentes actividades que contan coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. Co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.
Procedemento de inscrición dos CURSOS MUNICIPAIS DE SURF:
- Prazo de preinscrición: Do 1 ao 8 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal .Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
- Exposición de persoas preinscritas: A partir do 9 de xuño na páxina web municipal.
- Prazo subsanación erros: 12-13 de xuño na páxina web municipal.
- Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 14 de xuño na páxina web municipal.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
- Sorteo público: 15 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 16 de xuño na páxina web municipal
- Prazo de matrícula: Do 19 ao 22 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
- De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 26 de xuño, exclusivamente dos grupos do 3 ao 20.
- Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal.
Cadro de actividades sedes e datas