Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Máis de 3.000 prazas en diferentes actividades no programa deportivo de verán

Inicio > Máis de 3.000 prazas en diferentes actividades no programa deportivo de verán

O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Deportivo de Verán 2022.

Son máis de 3.000 prazas de diferentes actividades que contan coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. Co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.

Procedemento de inscrición dos CURSOS MUNICIPAIS DE SURF:

  1. Prazo de preinscrición: Do 1 ao 8 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes, podendo solicitarse no número 981659172 ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal  Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  2. Exposición de persoas preinscritas: A partir do 10 de xuño na páxina web municipal.
  3. No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  4. Sorteo público: 14 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
  5. Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 15 de xuño na páxina web municipal
  6. Prazo de matrícula: Do 16 ao 22 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  7. De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 27 de xuño
  8. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online

Tríptico

Inscrición Cursos Municipais de Surf

Inscrición Campus

Preinscrición surf

Inscrición campus de fútbol feminino

Ir al contenido