Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Luz verde ao proxecto de urbanización do entorno escolar de Pastoriza

PUBLICACIÓN

Luz verde ao proxecto de urbanización do entorno escolar de Pastoriza

29 Sep, 2023 | NOTICIAS

Proxecto de urbanización da contorna situada fronte o instituto de Pastoriza. O pleno ordinario de setembro da luz verde a esta actuación que suporá
a transformación dunha superficie próxima ao 5.000 m².
O obxectivo é a mellora da mobilidade urbana, a accesibilidade e os servizos básicos (canalizacións de abastecemento, saneamento, eléctricas e de telecomunicacións) da zona, que actualmente se atopa urbanizada de forma parcial e presenta problemas de mobilidade peonil e de vehículos derivados da presenza de dous centros de ensino públicos (ademais do instituto na zona tamén está unha escola infantil Galiña Azul), que suman entre ambos uns catrocentos alumnos.
Esta obra terá un custo de 347.000 euros e coordinarase no tempo con outra urbanización de dúas rúas adxacentes tamén á contorna escolar: as rúas Millareira e Pastoriza, tamén urbanizadas parcialmente e que tamén presentan problemas de mobilidade.
A urbanización alcanzará a unha zona de 4.136 m². Esta segunda obra que se realizará ao mesmo tempo que a anterior inclúe tamén a prolongación da avenida Agra Verde na súa colindancia coa rúa Campanilla.
O concello de Arteixo xa aprobara no pleno do pasado abril o expediente de expropiación necesario para adquirir os terreos necesarios para urbanizar as rúas Millareira e Campanilla. As obras nestas dúas rúas centraranse na construción de beirarrúas, á vez que se habilitará unha nova saída á travesía de Pastoriza, de maneira que os autobuses escolares que transitan por esta zona poidan entrar e saír á zona por rúas diferentes. Esta segunda obra terá un orzamento de 200.000 euros. Co cal, o total de investimento nesta zona será de 550.000 euros, entre as dúas obras.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido