Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Luz verde á declaración ambiental estratéxica dos núcleos costeiros de Arteixo

PUBLICACIÓN

Luz verde á declaración ambiental estratéxica dos núcleos costeiros de Arteixo

18 Oct, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo acaba de recibir a aprobación da Xunta de Galicia da declaración ambiental estratéxica que persegue regularizar núcleos costeiros históricos que actualmente están fóra de ordenación.
Amparado na última lei de costas, que tiña como un dos seus obxectivos regularizar os núcleos costeiros fóra de ordenación, o concello iniciara os trámites necesarios para regularizar os núcleos costeiros de Campelo-O Porto (Sorrizo), A Sartaña (Chamín), A Ponte (Chamín), O Campo (Barrañán) e O Porto (Suevos).
Anteriormente o concello lograra a aprobación da modificación puntual urbanística necesaria para estes nucleos costeiros, e agora tamén ten aprobada a declaración ambiental estratéxica. Agora o seguinte paso será levar o documento coa declaración ambiental da Xunta ao pleno municipal para proceder á súa aprobación.
Despois a lei indica que ten que volver pasar pola Demarcación de Costas e o departamento de Urbanismo da Xunta para unha aprobación definitiva; e o trámite finalizará despois cun último paso polo pleno municipal de Arteixo para a súa entrada en vigor definitiva.
A Xunta outorgou así a súa visto e prace para delimitar estes asentamentos. O concello considera que nos cinco núcleos costeiros cúmprese o grao de consolidación, é dicir, que dispoñen da maior parte dos servizos urbanísticos como rede de auga, electricidade, iluminación pública, teléfono ou recollida do lixo. A proposta sinala que cada un destes núcleos albergan unha poboación que se achega aos 500 habitantes e que a «situación actual de fóra de ordenación impide unha dinámica de consolidación ou de crecemento». O documento tamén asegura que «dispoñen da maior parte dos servizos urbanísticos».

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido