Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Loito oficial polo pasamento de Arsenio Iglesias

PUBLICACIÓN

Loito oficial polo pasamento de Arsenio Iglesias

5 May, 2023 | NOTICIAS

Todos os partidos da Corporación Municipal de Arteixo (PP, PSOE, BNG e Antonio Patiño, concelleiro non adscrito) acordaron decretar tres días de loito oficial no concello pola morte de Arsenio Iglesias Pardo.

O loito oficial comezará hoxe venres e estenderase ata o domingo.

Arsenio Iglesias Pardo, futbolista e adestrador nado no municipio foi unha das personalidades máis destacadas do mundo do deporte na historia de Galicia.
Arsenio Iglesias fora recoñecido polo concello como Fillo Predilecto de Arteixo e dedicáballe unha das principais rúas do concello (a avenida Arsenio Iglesias) como maneira de recoñecer a traxectoria deportiva que primeiro como xogador e despois como adestrador de fútbol desenvolveu Arsenio en diversos clubs españois e especialmente no Deportivo da Coruña.
O concello renderá homenaxe ao falecido Arsenio tanto nas exequias que se preparan na cidade da Coruña como no enterro que se celebrará en Arteixo.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido