En cumprimento do contido no Decreto nº149/2023, de 19/01/2023, no que se aproban os prazos de renovación, solicitude, adxudicación e matrícula da EMMA para o curso 2023/2024, e despois das oportunas comprobacións do cumprimento dos criterios necesarios para proceder ás renovacións de matrícula solicitadas, publícase a Listaxe de renovación e asignación de instrumentos do alumnado de Básica II da EMMA.
Período de reclamacións: do 17 de abril ao 2 de maio.
IMPORTANTE: O 7 de xullo publicarase a asignación inicial dos horarios da EMMArteixo para o próximo curso.
IMPORTANTE: Os datos de identificación do alumnado están ordenados alfabeticamente polo primeiro apelido. O código para identificar a cada alumna ou alumno está composto polas dúas primeiras letras do apelido, seguidas das dúas primeiras letras do segundo apelido e as dúas do nome, acompañadas das posicións 4,5,6 e 7 do DNI (aquelas persoas que non teñan DNI ou non o facilitaron no momento de matricularse teñen na cela correspondente ***).