En data 05/05/2021 mediante Decreto de Alcaldía número 1159/2021, con asunto “INSTRUCIÓN EN RELACIÓN COS USOS RECOLLIDOS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO APROBADAS POLO PLENO DA CORPORACIÓN O 8/04/1995 E DEFINITIVAMENTE POLA COMISIÓN PROVINCIAL URBANISMO O 4/05/1995, RESOLVEUSE:
“PRIMEIRO.- Para o público coñecemento, publicar a non aplicación do apartado 4 do fascículo III, REGULACIÓN DOS USOS, páxs. 3792 á 3862 da publicación do BOP núm. 69 do 26/03/2008, Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, someténdose á lexislación sectorial aplicable en vigor en cada momento.
SEGUNDO.- Publicar a presente instrución no Boletín Oficial da Provincia e na páxina Web do Concello de Arteixo para o público coñecemento do contido.”
Dando cumprimento ao resolto, publicouse a Instrución polos seguintes medios:
- Anuncio no BOP de A Coruña nº 95 o día 21/05/2021:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/05/21/2021_0000004206.pdf.
- Sede electrónica de Arteixo o día 21/05/2021:
https://sede.arteixo.org/opencms/es/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210521100015093.html.
- Publicación de Anuncio do BOP no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello o día 21/05/2021.
En Arteixo, asinado dixitalmente polo Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio, D. Luís Alberto Castro Calvete no exercicio das competencias que lle foron conferidas na Resolución da Alcaldía nº 1546/2020 de data 10 de xullo do 2020, modificada pola Resolución n.º 3056/2020 de 18 de decembro do mesmo ano.
Ligazóns:
Publicación na sede electrónica