Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Informática e diversidade musical na Escola Municipal de Música

/ Informática e diversidade musical na Escola Municipal de Música

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación abre prazo de preinscrición nas actividades  de “Informática Munsical” e “Diversidade Musical” da EMMArteixo, que darán comezo co curso escolar (a partir do 1 de outubro).

INFORMÁTICA MUSICAL:

Actividade semanal grupal de 50 minutos de duración que utilizará os recursos tecnolóxicos en educación musical, medios audiovisuais, informática musical para conectar a creatividade coa produción musical.

DIVERSIDADE MUSICAL:

 Actividade semanal grupal de 50 minutos de duración con grupos de participantes reducidos. Abordarase o uso da música e os seus elementos a través da que se promove a comunicación, a aprendizaxe, o movemento, a expresión e/ou a restauración de funcións persoais a través da prevención, da rehabilitación e o tratamento terapéutico

A QUEN VAI DIRIXIDO

  • INFORMÁTICA MUSICAL: Persoas nadas no ano 2013 ou con anterioridade.
  • DIVERSIDADE MUSICAL: Persoas con diversidade funcional.

HORARIOS DAS ACTIVIDADES:

  • INFORMÁTICA MUSICAL Grupo 1: os xoves de 19:05 a 19:55 no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
  • INFORMÁTICA MUSICAL Grupo 2: os xoves de 20:05 a 20:55 no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
  • DIVERSIDADE MUSICAL: os xoves de 19:05 a 19:55 na Aula da Natureza

 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Do luns 20 ao venres 24 de setembro de 2021

CUSTO DAS ACTIVIDADES:

Serán actividades de balde para o alumnado da Escola e terán un custo de 37,50 € trimestrais para o resto de participantes.

CONDICIÓNS:

Prazas limitadas.

O comezo das actividades está supeditado a que exista un grupo mínimo de solicitudes.

En caso necesario levarase sorteo de prazas.

INSCRICIÓN:

Do 20 ao 24 de setembro, enviando o modelo normalizado de inscrición, cuberto e asinado a: emmaarteixo@gmail.com.

LISTADO DE ADMITIDOS/AS:

O mércores 29 de setembro publicarase na web municipal www.arteixo.org o listado de admitidos.

Tras a publicación do listado, enviarase correo electrónico ás persoas admitidas informando como formalizar a matrícula.

Modelo Solicitude Diversidade Musical

Modelo Solicitude Informática Musical

 

 

Ir al contenido