UNIÓN EUROPEA

UNIÓN EUROPEA

Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

/ Espazo de denuncias

Dirección de correos antifraude

Dirección de correos de denuncias antifraude («Canle de Denuncias»)

Unha das medidas de detección da fraude, establecidas polo Concello de Arteixo para desarollar as funcións como Organismo Intermedio Lixeiro, foi a creación dunha «Dirección de correos de denuncias» que englobe as denuncias que puidesen presentarse no marco do artigo 74, apartado 3, do Regulamento (UE) nº1303/2013, referidas ao exercicio das funcións delegadas pola Autoridade de Xestión na Entidade EDUSI.

Trátase dunha dirección de correo electrónico como canle habilitada para que se poidan interpoñer denuncias sobre feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo aos fondos procedentes da Unión Europea.

Por tanto, para o seu cumprimento e uso, o Concello de Arteixo, habilita a dirección de correo electrónico secretaria@arteixo.org para tal fin.

Como interpoñer denuncias?

Hai diferentes métodos polos cales pode interpoñer unha denuncia se cre que hai unha irregularidade con algún proxecto ou operación:

Dirección de correos de denuncias («Canle de Denuncias»)

Envíe un correo electrónico coa seguinte información á Dirección de correos de denuncias («Canle de Denuncias»): secretaria@arteixo.org

  • Descrición detallada dos feitos para denunciar, da forma máis concreta e detallada posible para a súa verificación
  • Achegue adxunto toda a documentación ou elemento que crea sexa oportuno para facilitar a verificación

Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)

Accedendo á Oficina Europea de Loita contra a Fraude, mediante a seguinte ligazón: https://ec. europa.eu/anti- fraud/olaf- and- you/report- fraud_es

Oficina Española de Loita contra a Fraude (SNCA)

Accedendo á Oficina Española de Loita contra a Fraude, mediante a seguinte ligazón: http://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA. aspx

Servizo Nacional de Coordinación Antifraude ( Infofraude)

Para a comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos, o cal dispón dun apartado específico relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia: https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Ir al contenido