Canle de Denuncias
Unha das medidas de detección da fraude, establecidas polo Concello de Arteixo para desarollar as funcións como Organismo Intermedio Lixeiro, é o uso da «Canle de Denuncias» que englobe as denuncias que puidesen presentarse no marco do artigo 74, apartado 3, do Regulamento (UE) nº1303/2013, referidas ao exercicio das funcións delegadas pola Autoridade de Xestión na Entidade EDUSI.
Trátase dunha canle habilitada para que se poidan interpoñer denuncias sobre feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo aos fondos procedentes da Unión Europea.
Por tanto, para o seu cumprimento e uso, o Concello de Arteixo, habilita a «Canle de Denuncias» para tal fin.
Como interpoñer denuncias?
Hai diferentes métodos polos cales pode interpoñer unha denuncia se cre que hai unha irregularidade con algún proxecto ou operación:
Canle de Denuncias
Pode facer uso da «Canle de Denuncias» tendo en conta que é anónima, aportando:
- Descrición detallada dos feitos para denunciar, da forma máis concreta e detallada posible para a súa verificación
- Toda a documentación ou elemento que crea sexa oportuno para facilitar a verificación
Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)
Accedendo á Oficina Europea de Loita contra a Fraude, mediante a seguinte ligazón: https://ec. europa.eu/anti- fraud/olaf- and- you/report- fraud_es
Oficina Española de Loita contra a Fraude (SNCA)
Accedendo á Oficina Española de Loita contra a Fraude, mediante a seguinte ligazón: http://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA. aspx
Servizo Nacional de Coordinación Antifraude ( Infofraude)
Para a comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos, o cal dispón dun apartado específico relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia: https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx