O Centro Arteixo Innovación acolle o próximo 21 de xullo dúas sesións formativas sobre a compostaxe.
Trátase dunha actividade gratuita dirixida á poboación en xeral. Non se precisa inscrición previa, pero restrinxirase a un máximo de 35 persoas por sesión.
A primeira sesión será de 11.00 a 13.00 h e a segunda de 19.30 a 21.30 h.
As sesións dividiránse nunha parte teórica sobre os procedementos a seguir para compostar axeitadamente, os materiais aconsellables a depositar, e as condicións de temperatura, humidade e osíxeno requeridas; e nunha segunda parte, máis práctica, explicarase o sistema de montaxe dun composteiro. As persoas asistentes, unha vez rematada a formación, poderán solicitar a cesión dun composteiro para a súa vivenda particular.
Máis información no correo electrónico lixo@arteixo.org ou no teléfono 981659161