Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Escolas deportivas municipais 2021/2022

/ Escolas deportivas municipais 2021/2022

 

O vindeiro martes 24 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 27 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (30 de agosto ao 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:

  • Obriga de solicitar cita previa. O alumnado deberá solicitar cita previa antes de acudir ao Servizo Municipal de Deportes
  • Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
    • A través de web municipal: https://arteixo.org/tramites/cita-previa/
    • A través de chamada telefónica: 981659180 / 981659172 (De luns a venres, en horario de atención ao público de 09:00 a 14:00 horas)
  • Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
  • Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
  • No momento de espera para acceder á instalación deberase gardar a distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.

 

Ver listado de solicitudes

 

Ir al contenido