O vindeiro martes 24 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 27 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (30 de agosto ao 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).
NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:
- Obriga de solicitar cita previa. O alumnado deberá solicitar cita previa antes de acudir ao Servizo Municipal de Deportes
- Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
- A través de web municipal: https://arteixo.org/tramites/cita-previa/
- A través de chamada telefónica: 981659180 / 981659172 (De luns a venres, en horario de atención ao público de 09:00 a 14:00 horas)
- Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
- Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
- No momento de espera para acceder á instalación deberase gardar a distancia obrigatoria de 1,5 metros.
- E obrigatorio levar máscara en todo momento.