Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial

/ Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, pon en marcha a Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial.

Trátase dun innovador programa  baseado nas últimas teorías neurocientíficas sobre a relación da música, o movemento e o desenvolvemento neuronal dos bebés desde o mesmo nacemento.

A actividade, baixo a dirección do recoñecido músico arteixán Rubén Someso, destínase á infancia de 0 a 3 anos e desenvolverase todos os mércores de outubro a xuño, no departamento de educación e en diferentes horarios: de 16:20 a 17h; de 17,05 a 17,45h; de 17,50 a 18,20h; de 18,25 a 19,55h e de 19 a 19,40h. Cada un dos turnos dispón de 12 prazas. O custo é de 25€.
Os interesados deben entregar o formulario de preinscrición de forma presencial na na oficina do departamento de Educación situado na Avenida dos Bosques, 16 – Baixo. Tamén poderán enviala por correo electrónico ao mail educacion@arteixo.org. O prazo é do 23 ao 29 de setembro. 

O prazo para a formalización da matrícula será os días 3 e 4 de outubro.

Ir al contenido