Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > En marcha un taller para que a infancia participe nas comparsas e xogos da Feira 1900

/ En marcha un taller para que a infancia participe nas comparsas e xogos da Feira 1900

A concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, organiza un taller para que os máis pequenos da casa podan participar na comparsa infantil e no obradoiro de xogos da Feira 1900.  As persoas participantes no taller poderán confeccionar a vestimenta e complementos para participar na comparsa que se vai organizar o venres día 14 a partir das 17:00 horas.

Hai 40 prazas dispoñibles para a rapazada de 3 a 12 anos e o prazo de inscrición será do 28 ao 30 de setembro. Se houbera máis demanda que prazas, haberá un sorteo o venres 30 ás 10:00 horas no Departamento de Educación.

Os interesados deben enviar esta solicitude cuberta a educacion@arteixo.org

É unha actividade  gratuita que terá lugar os sábados 1 e 8 de outubro de 11:00 a 13:00 horas no Departamento de Educación, na Avenida dos Bosques,16 baixo.

 

 

 

 

Ir al contenido