O prazo de preinscrición será do 1 ao 10 de xuño.
O obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias. A Concellería de Educación lanza un ano máis a súa oferta de campamentos educativos para o verán.
Son catro alternativas diferentes coas que ofrecer unha alternativa de ocio aos máis novos durante o período vacacional.
Este verán volve o «Laboratorio musical», do 14 ao 29 de xullo en horario de 10 a 14h; ao que se suman o «campamento concilia», «campamento de diversidade funcional» e o Campamento para adolescentes que desenvolverase baixo o epígrafe «Un verán diferente».
Documentos
Campamento Diversidade Funcional
Preinscrición campamento diversidade funcional
Preinscrición campamento concilia