LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2021/2022
- Prazo de solicitude: do 10 de maio ao 10 de xuño 2021.
- Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.
Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:
- Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
- Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
- Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.
Aconséllase consultar as bases reguladoras para toda a información necesaria.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
- Na sede electrónica (www.arteixo.org)
- Presencial:
- No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
- Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
- Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.
IMPORTANTE: será obrigatorio o cumprimento da normativa derivada do COVID 19 e directrices de seguridade.
O prazo de presentación previsto para a Liña 2 e a Liña 3 é o seguinte:
Liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico): No mes de outubro de 2021.
Liña 3 (axudas á mobilidade para estudantes): No mes de outubro de 2021