A Escola de Música pon en marcha, un ano máis, o Banco de Instrumentos. Trátase dun sistema de préstamo para que o alumnado empadroado poda realizar a súa aprendizaxe cando non dispoña de instrumento propio.
O prazo de solicitude será do 17 ao 24 de setembro e pódese formalizar de forma presencial no rexistro do Departamento de Educación ou a través da Sede Electrónica Municipal.