Comunícase a distribución PROVISIONAL de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2025/2026 que comprende desde o 15 de setembro de 2025 ata o 20 de xuño de 2026
Do mesmo xeito, lembramos que as entidades ou grupos que utilizan as instalacións para a competición federada deberán presentar o calendario de competición no Servizo Municipal de Deportes á maior brevidade posible. A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitarase ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa por prestación do servizo público do complexo deportivo municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos.
Lembramos que segundo o artigo 13 do Regulamento de Instalacións Deportivas Municipais publicado no BOP de 6 de novembro de 2015, transcorrido o tempo de utilización previsto e autorizado para unha actividade concreta, os protagonistas deberán abandonar o espazo deportivo puntualmente, máxime se hai outras actuacións sucesivas. As instalacións abriranse 15 minutos antes do inicio da actividade. Os deportistas deberán abandonar os vestiarios ao máis tardar 20 minutos despois de ter rematada a actividade.
Do mesmo xeito, en horarios de adestramento, as bancadas non se abren ao público agás que exista excepcionalmente unha autorización do SMD, non podendo estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles deportistas, técnicos, directivos e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado. É obrigatoria a asistencia do persoal técnico, delegado, directivo ou persoal docente durante o desenvolvemento do adestramento e doutras actividades físico-deportivas, así coma a presenza dunha persoa responsable maior de idade durante o uso dos vestiarios.
Prégase que si algún módulo horario concedido non vai ser utilizado, se comunique como máximo o 7 de setembro ao Servizo Municipal de Deportes.