Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Dispositivo especial de tráfico con motivo das festas patronais

PUBLICACIÓN

Dispositivo especial de tráfico con motivo das festas patronais

22 Jul, 2022 | NOTICIAS

As festas patronais do Apóstolo afectarán ao tráfico rodado entre os días 22 e 27 de xullo próximos.

Cada día, entre as 22 e as 4,30 h da madrugada permanecerá cortado o tráfico entre os puntos quilométricos da AC552 9,700, fronte á rontoda de Baixamar-Pescanova; e o 10,500 no cruce coa travesía de Caión.

O día 22, con motivo do concerto de Trueno, este corte adiántase ás 20.30h.

Esta medida pretende aumentar a seguridade do público asistente aos concertos do campo da festa. A policía local propón como itinerario alternativo o desvío do tráfico a través da avenida da Ponte-avenida da Diputación-avenida de Figueroa. Todos os desvíos estarán debidamente sinalizados.

A celebración do partido entre o Atlético Arteixo e o Deportivo, o sábado 23 de xullo, tamén afectará ao tráfico. Habilitarase un aparcamento provisional na Avenida de Ponte, que permacerá cortada entre as 18 e as 22.30h, entre a rotonda da ITV e o parque comarcal de bombeiros.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido