Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Deportes ofrece eminarios gratuitos e on-line para as entidades deportivas do concello

INICIO > Deportes ofrece eminarios gratuitos e on-line para as entidades deportivas do concello

O Servizo Municipal de Deportes ofrece ás entidades deportivas do concello varios seminarios gratuitos a través de internet e no que se tratarán, entre outros asuntos, a organización de eventos deportivos ou a xestión financeira dos clubes.

Trátase dunha iniiativa que nace co apoio da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e que se desenvolverá durante varios días do mes de outubro próximo ás 19h.

O prazo para realizar a inscrición rematará o martes, 12 de outubro ás 23 horas. Todas ás persoas inscritas, que cumpran co requisito mínimo de asistencia, recibirán un diploma certificado pola Escola Galega do Deporte da Xunta de Galicia

As formacións levaránse a cabo conforme ao seguinte cronograma:

  • MÉRCORES, 13 DE OUTUBRO. WEBINAR 1: Organización de Eventos Deportivos (Vicente Javaloyes Sanchís)
  • XOVES, 14 DE OUTUBRO. WEBINAR 2: Deseño dun Proxecto Deportivo (Joan Celma Giménez)
  • MÉRCORES, 20 DE OUTUBRO. WEBINAR 3: Marketing Dixital e RR.SS (Manel Valcarce Torrente)
  • XOVES, 21 DE OUTUBRO.WEBINAR 4: Xestión de Subvencións Deportivas (Francisco Cacharro Gosende)
  • MÉRCORES, 27 DE OUTUBRO. WEBINAR 5: Xestión do Réxime Documental dunha Entidade (Carla da Silva Castro)
  • XOVES, 28 DE OUTUBRO. WEBINAR 6: Xestión Financeira dun Club Deportivo (Elena Gallego Rodríguez)

Para formalizar a inscrición, preme neste enlace 

Ir al contenido