Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Deportes da a coñecer o novo programa de campus e cursos para o verán

/ Deportes da a coñecer o novo programa de campus e cursos para o verán

Ofértanse máis de 2000 prazas de diferentes actividades

O Servizo Municipal de Deportes oferta máis de 2.000 prazas en diferentes actividades que conforman o seu atractivo Programa Deportivo de Verán 2021.

A oferta, en colaboración con diversas entidades deportivas do concello, pretende achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais. Tamén trata de fomentar o asociacionismo cun apoio explícito ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora.

Procedemento de inscrición dos CURSOS MUNICIPAIS DE SURF:

  1. Prazo de preinscrición: Do 1 ao 10 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial  no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, podendo solicitarse no número 981659172 ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  2. Exposición de persoas preinscritas: A partir do 14 de xuño na páxina web municipal.
  3. No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  4. Sorteo público: 17 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
  5. Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 18 de xuño na páxina web municipal
  6. Prazo de matrícula: Do 21 ao 24 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  7. De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 28 de xuño
  8. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).
  9. dxt

Documentos:

Programa

Folla Inscrición Campus

Folla de preinscrición Surf

Procedemento preinscrición surf

Procedemento inscrición campus

Oferta Deportiva

Tríptico

 

Ir al contenido