O Servizo Municipal de Deportes publica a listaxe provisional de persoas solicitantes dos Cursos Municipais de Verán de Surf . Ábrese un prazo de subsanación de erros que remata o 11 de xuño. O día 12 de xuño publicarase a listaxe definitiva de solicitantes.
O xoves 13 de xuño celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para os cursos de verán de surf. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo. En total recibíronse 304 solicitudes para as 240 prazas ofertadas
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 14 de xuño na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 17 ao 20 de xuño, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir 24 de xuño (grupos do 3 ao 20) .
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal