O servizo municipal de deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf, como resultado do sorteo público celebrado o 18 de maio ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi o «L».
As persoas admitidas terán do 20 ao 27 de maio para formalizar a matrícula, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes en horario de luns averes de 09.00 a 14.00 h, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org .
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 8 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo.
