Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cursos de surf: resultado do sorteo de prazas

/ Cursos de surf: resultado do sorteo de prazas

O Departamento de Deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf, como resultado do sorteo público celebrado o 14 de xuño de 2022 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «C».

As persoas admitidas terán do 16 ao 22 de xuño para formalizar a matrícula , que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes,  ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 27 de xuño, nun máximo de catro grupos en total por persoa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal  unha vez se dispoña do recibo correspondente.

Ir al contenido