O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza – Meicende ou descargalo neste enlace e na páxina do CDM . Deberase entregar nas oficinas do CDM Pastoriza – Meicende, en horario de 07:30 a 22:00 h de luns a venres e de 10.00 a 13:30 h. sábados e domingos. Do mesmo xeito poderase enviar á dirección de correo cdmadministracion@axinasd.com.
No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
Cursos trimestrais de natación xaneiro-marzo
Listaxe de persoas preinscritas