Identificar, localizar, almacenar e analizar información dixital; comunicar en entornos diitais ou protexer información e datos personais. Son algúns dos contidos do «curso de capacitación dixital para adultos» que pon en marcha o IES de Sabón para o mes de maio próximo.
Trátase dunha actividade gratuita que capacita aos participantes para obter unha cualificación de nivel 2 do catálogo nacional de cualificacións profesionais.
As persoas interesadas xa poden reservar a súa praza nos teléfonos 881960140 – 881960137 ou enviando un correo electrónico a ies.sabon.arteixo@edu.xunta.gal